domingo, 4 de marzo de 2012

A chegada do asasino


Manuel pulsou o botón situado nunha das xambas, e o portón abriu­se con lentitude, mentres se escoitaba o suave zunzún dun motor eléc­trico. Ante os sorprendidos ollos de Luna apareceu o edificio que permanecía oculto tras o muro de pedra. Tratábase dunha mansión de estilo colonial español, con paredes encaladas que refulxían baixo o sol do serán. Mentres percorrían o camiño de grixo que conducía á casa, atravesando un coidado xardín tropical, o asasino contemplou o inesperado luxo daquel lugar: a piscina de proporcións olímpicas, as pistas de tenis e, ao fondo, un pequeno campo de golf de nove buracos. Ninguén podería sospeitar que no medio da xungla máis espesa e salvaxe do planeta se poderia ocultar aquel paraíso de comodidade e civilización.
Tras entrar na casa e cruzar un amplo recibidor, introducironse nun enorme e elegante salón. En dúas das súas  paredes abrianse enormes vidreiras con vistas ao xardin e á piscina. O aire acondicionado mantiña a estancia a unha temperatura constante de vinte e un graos centigrados.
—Agarde aquí un momento, señor Luna —dixo Manuel—. lrei avi­sar a don Aurelio. Desexa tomar algo?
—Auga mineral, por favor.
 Luna tomou asento fronte a unha pequena mesa lacada, colleu unha das revistas que descansaban sobre ela e comezou a pasar as follas distraidamente. Aos poucos minutos entrou un indixena vestido con uniforme de camareiro e, en absoluto silencio, deixou encima da mesa unha botella de Perrier e un vaso con xeo.
 —Non quere beber algo mais forte, amigo? —dixo de improviso unha voz ás súas costas.
O asasino xirou a cabeza e obser­vou con curiosidade o home que acababa de falar. Tratá­base dun mozo de pouco mais de vinte anos, co negro pelo rizado e unha expresión arrogante no seu agraciado rostro. Dous gardas de atlética complexion permanecian detrás súa en actitude vixiante, coas mans moi próximas aos enor­mes pistolóns que levaban no cinto.
—Non, grazas —respondeu Luna, incorporándose—. Prefiro prescindir do alcol cando teño que falar de negocios.
O mozo fixo un xesto despectivo e dirixiuse ao moble bar. —Os machos de verdade aguantan a bebida.
—De verdade? —Luna sorriu con ironía—. Non debo ser o suficientemente macho, señor... Desculpe, pero creo que non me dixo aínda o seu nome.
—Chámome Tacho Coronado.
—Seguramente é vostede parente de don Aurelio...
—Son o seu fillo: o primoxénito —respondeu o mozo con arrogancia.
—Estupendo —o sorriso de Luna ampliouse—. É un pracer conecelo.
—Déixate de macanas —replicou Tacho, aproximándose—. Voute cachear.
—Xa o fixo Manuel.
—E que? Quero asegurarme. Algún inconveniente?
Sen agardar resposta,Tacho comezou a rexistrar a Luna, apal­pando con minuciosidade cada centimetro do seu corpo. Logo, tras asegurarse de que o asasino non levaba ningunha arma encima, dirixiuse a unha porta lateral e abriuna.
—Está limpo, papá —dixo—. Podes pasar.
Ao cabo duns segundos, unha figura cruzou o limiar e en­trou no salón. Era un home duns cincuenta anos, calvo, can espeso bigote negro que cubria o seu labio superior. A pesar da súa prominente barriga, que avultaba a camisa de liño branco, os seus movementos eran áxiles e enérxicos.
—Son Aurelio Coronado.  É vostede o señor Luna?
—Si. Encantado de conecelo, don Aurelio.
Don Aurelio ignorou a man que Ile tendia o asasino.
—Como podo ter a seguridade de que é vostede quen di ser? —preguntou.
—Perdón?...
—Verá, señor. Teño moitos inimigos. Se continúo vivo e gra­zas a que son unha persoa desconfiada. Como sei que é vos­tede o auténtico señor Luna e non un impostor? Ninguén sabe que aspecto ten o señor Luna. Non hai fotografías súas e tampouco están rexistradas as súas marcas dactilares. Su­poño que non terá inconveniente en demostrarme que vostede é o auténtico señor Luna.
O asasino sorriu dun xeito case imperceptible e contemplou o xardín a través da fiestra, pensativo. Despois, enrolou con lentitude a revista que ainda tiña nas mans ata formar un apertado tubo de papel, co que xogou distraidamente durante uns segundos.
—De acordo —dixo—. Afirma vostede, don Aurelio, que ten moitos inimigos. Ben: supoñamos que un deses inimigos me contratase para eliminalo...
—Pero que estás dicindo, chalado?! —exclamou Tacho,  sacando unha pistola do peto traseiro dos seus pantalóns.
—É só unha suposición —dixo Luna, facendo un xesto tran­quilizador coas mans—. Unicamente pretendo demostrar que efectivamente son quen digo ser.
—Deixa que fale, Tachiño —interveu Coronado, obser­vando con interese o asasino.
O mozo torceu o fociño e, de mala gana, gardou a arma.
—Grazas, don Aurelio —Luna sorriu amplamente—. Como dicía, imaxine que me contrataron para matalo. Vostede é un dos homes máis protexidos do planeta, e a min cacheá­ronme dúas veces antes de poder chegar á súa presenza.
—Non leva armas, papá —asegurou Tacho con suficien­cia—. Eu mesmo o comprobei.
—Polo tanto, aínda que quixese, non Ile podería facer nada, non é verdade, don Aurelio? —Luna suspirou profundamen­te—. Non obstante...
O asasino fixo unha pausa. De repente, levou o extremo da revista enrolada aos labios e soprou con forza. Algo, unha manchiña de cor, cruzou o aire e un diminuto dardo me­tálico cravouse nunha trabe de madeira situada a poucos centímetros da cabeza de Coronado.
—...non obstante —proseguiu Luna—, vostede xa estaría morto, don Aurelio.
César Mallorquí, O último traballo do señor Luna

COMPRENSIÓN

1. Identifica as voces da lectura que corresponden a estas definicións.
  • A. Cada unha das dúas pezas verticals que están situadas a ambos os lados do oco dunha porta ou ventá sostendo o lintel: .................
  • B. Ruído xordo producido por algo que zoal: .................
  • C. O fillo ou a filla que naceu primeirol: ................. 
  • D. Madeiro groso e, por extensión, estrutura doutro material que, coloca­do horizontalmente, sostén o piso ou o teito dun edificio: ................. 
2. No texto false unha detallada descrición do exterior da mansión de Aure­lio Coronado. Indica que elementos se mencionan nela e as técnicas des­critivas que os acompañan. Sigue o modelo. 
  • ELEMENTO DESCRITO: muro – TÉCNICA DESCRITIVA: de pedra 
  • ELEMENTO DESCRITO: mansión – TÉCNICA DESCRITIVA: .............
  • ELEMENTO DESCRITO: ............. – TÉCNICA DESCRITIVA: .............
— En parellas, revisade e corrixide as vosas respostas. 

3. Indica que personaxe da lectura realiza cada unha destas accións.
  • Ignorou a man que Ile tendía o asasino: .............
  • Sacou unha pistola do peto traseiro dos seus pantalóns: .............
  • Abriu o portón que Baba acceso a mansión: .............
  • Sentou e colleu unha das revistas da mesa: .............
  • Deixou sobre a mesa unha botella de auga e un vaso con xeo: .............

4. Responde de forma razoada estas cuestións.
  • Por que quedou impresionado o senor Luna ao ver aquela mansión? 
  • Que provocaba a desconfianza de don Aurelio Coronado? 
  • Como demostrou o senor Luna que el era o asasino que buscaban?


5. O texto pode estruturarse en introdución, nó e desenlace. Identifica cada unha destas partes sinalando a sua extensión e o seu contido,
— En grupos, contrastade as vosas respostas.

REFLEXIÓN

6. Crea un novo título que sintetice, de forma atraente, o contido da lectura.
— En grupos, contrastade as vosas propostas e elixide de común acordo a que máis vos guste.

CREACIÓN

7. En parellas, creade unha ilustración que re­presente o exterior da mansión menciona­da na lectura:
— Sede fieis a descricion que se fai no texto.
— Utilizade calquera técnica para crear a ilus­tración: rotuladores, colaxe, programas de deseño gráfico...
— Finalmente, expoñede no taboleiro da aula as vosas ilustracións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario