martes, 20 de marzo de 2012

A mansión de Voldemort


Os dous homes apareceron de ningures, separados por uns poucos metros na estreita corredoira iluminada polo luar. Durante un segundo permaneceron inmóbiles, con cadansúa variña apuntando ao peito do contrario; logo, ao que se recoñeceron, gardaron as variñas por baixo das capas e botáronse a camiñar con rapidez na mesma dirección. 
—Traes novas? —preguntou o máis alto dos dous. 
—As mellores —respondeu Severus Snape. 
As silveiras beireaban o camiño pola esquerda, e pola dereita víase unha sebe alta podada con moito tino. As capas longas dos dous homes batíanlles contra os nocellos mentres camiñaban. 
—Pensei que había chegar tarde —dixo Yaxley, mentres a súa face basta aparecía e desaparecía baixo a sombra que proxectaban as pólas das árbores ao crebar o luar—. Foi algo máis complicado do que esperaba, mais espero que estea satisfeito. Ti pensas que has ser ben recibido? 
Snape asentiu, sen dicir palabra. Viraron a dereita cara a un camiño amplo onde remataba a corredoira. A sebe alta, que virara con eles, prolongábase na distancia, mais aló das impresionantes portas de ferro forxado que impedían o paso dos homes. Ningún dos dous deu un paso: ambos os dous levantaron o brazo dereito en silencio a modo de saúdo e cruzaron a través das portas, coma se o metal negro estivese feito de fume. 
As sebes de teixo amortecían o son das pisadas dos homes. Sentiuse un estalo en algures pola banda dereita: Yaxley tirou da variña unha vez máis, apuntando por riba da cabeza do seu compañeiro, pero resultou que a orixe do ruído non era máis ca un pavo real dun branco puro que se exhibía maxestoso por riba da sebe. 
—Sempre soubo vivir ben este Lucius. Pavos reais... —Yaxley chantou de novo a variña baixo a capa emitindo un bufido. 
Da escuridade emerxeu unha mansión ao final do camiño, coas luces escintilando a través das ventás de vidreiras de rombos do piso máis baixo. En algures, na escuridade no xardín 
que estaba tras da sebe, había unha fonte a borboriñar. A grava estralaba debaixo dos seus pés a medida que Snape e Yaxley se dirixían rapidamente cara á porta principal, que nada máis se achegaren, e sen que aparentemente ninguén o fixese, abriu as súas follas cara a dentro. 
O vestíbulo era amplo, estaba pouco iluminado e decorado de forma suntuosa, cunha alfombra soberbia cubrindo a maior parte do piso de pedra. Os ollos dos rostros esbrancuxados dos retratos pendurados das paredes seguían as alancadas de Yaxley e Snape. Os dous homes detivéronse fronte a unha porta impoñente de madeira que levaba á seguinte estancia, dubidaron durante o que dura un latexo, e logo Snape virou o tirador de bronce. 
A sala estaba chea de persoas en silencio, sentadas a unha mesa longa e ornamentada. Empurraran os mobles da sala sen tino e contra as paredes. A luz procedía das lapas vivas dunha lareira baixo unha cambota magnifica de mármore coroada cun espello dourado. Snape e Yaxley permaneceron por un intre no limiar. A medida que os seus ollos se afacían á falta de luz, fixáronse no mais estraño de toda a escena: unha figura humana aparentemente inconsciente que penduraba do revés sobre a mesa, xirando lentamente, coma se estivese atada por unha corda invisible, que se reflectía tanto no espello coma na superficie núa e puída da mesa embaixo. Ningunha das persoas sentadas baixo este espectáculo singular miraba para ela, agás un mozo novo e pálido que estaba sentado case inmediatamente debaixo. Parecía incapaz de non mirar cara arriba a cada minuto que pasaba. 
—Yaxley, Snape —dixo unha voz clara e alta desde a cabeceira da mesa—. Case chegades tarde. 
O orador estaba sentado xusto de costas á lareira, de modo que para os que acababan de chegar era difícil, en primeiro termo, albiscar pouco mais que a súa silueta. Ao tempo que se achegaban, a súa cara fóiselles aparecendo a través da escuridade, pelado, ofídico, con fendas en troques de ventas e uns ollos vermellos brillantes con pupilas verticais. Tan pálido que parecía desprender un resplandor nacarado. 
—Severus, aquí —dixo Voldemort, indicándolle o asento que estaba inmediatamente á súa dereita—. Yaxley, a carón de Dolohov. 
Os dous homes tomaron asento no lugar indicado. Moitas das miradas arredor da mesa seguiron a Snape e foi a el a quen se dirixiu primeiro Voldemort. 
—E ben? 
—Meu Señor, a Orde do Fénix pretende trasladar a Harry Potter desde o seu actual agocho o sábado próximo co crepúsculo. 
O interese arredor da mesa acrecentouse de forma palpable, algúns puxéronse tensos, outros remexéronse no asento, todos mirando para Snape e Voldemort. 
—Sabado... co crepúsculo —repetiu Voldemort. Os seus ollos vermellos fixáronse nos negros de Snape con tanta intensidade que algúns dos presentes desviaron a mirada, polo medo de que a ferocidade daquela ollada acabase por chamuscalos a eles mesmos. Snape, non obstante, mirou tranquilo de volta para a cara de Voldemort, e despois dun anaco, a boca sen beizos do último estrullouse en algo semellante a un sorriso.
J. K. Rowling, Harry Potter e as reliquias da morte

COMPRENSIÓN


1. Asocia estas voces da lectura co seu significado: 

luar - sebe - escintilar - borboriñar - cambota - albiscar
  • Producir un son suave ou un rumor a auga que brota. → ........... 
  • Ver ao lonxe unha cousa sen distinguila ben.  → ........... 
  • Resplandor da lúa.  → ........... 
  • Brillar de maneira intermitente, con intensidade e cor variable.  → ........... 
  • Trabe, mais ou menos ornamentada, que sobresae da campa da cheminea e sobre a que se sosten a parede dianteira desta.  → ........... 
  •  Valo feito con varas e estacas cruzadas, arbustos, silvas, pólas.  → ...........  

2. No texto destaca unha detallada descrición do interior da mansion de Voldemort. Anota todos os elementos que componen a súa decoración. 


3. Indica se estas afirmacións son certas (C) ou falsas (F). Transforma despois as falsas en certas. 
A) A sebe que beireaba o camiño cara a mansión era de loureiro.  → ....
B) O ruido que asustou a Yaxley produciuno un pavo real.  → ....
C) Dous criados abriron as follas da porta da entrada principal.  → ....
D) Snape sentou á dereita de Voldemort.  → ....
E) Segundo Snape, Potter ía ser trasladado o sábado ao mediodía.  → .... 


4. Na lectura faise un retrato de Voldemort. Indica cales son os trazos físicos e de personalidade que o caracterizan. Apóiate en palabras do texto. 


5. Fai un resumo da lectura. Sigue estas indicacións. 
— Recolle os principais feitos acontecidos e non superes as 12 liñas.
— En grupos, lede e comparade os vosos resumos. 


REFLEXIÓN


6. A saga de Harry Potter encádrase no xénero da literatura fantástica e de misterio.Tira do texto os fragmentos que mellor exemplifican esta idea. Razoa a túa resposta. 
— Nos mesmos grupos da actividade 5, contrastade e comentade razoadamente as vosas respostas. 


EXPRESIÓN


7. Investiga e crea un esquema ou mapa conceptual que recolla a información básica sobre a saga de Harry Potter.
— Pescuda en todo tipo de fontes (publicacións especializadas, Internet...). 
— Dá resposta a cuestións coma estas: Como e cando Ile xurdiu a idea a súa autora? Cal é o argumento esencial? Que personaxes básicos desenvolven a trama? Que adaptacións houbo das novelas a outros medios?... 
— En parellas, intercambiade e comparade os vosos esquemas.

domingo, 4 de marzo de 2012

A chegada do asasino


Manuel pulsou o botón situado nunha das xambas, e o portón abriu­se con lentitude, mentres se escoitaba o suave zunzún dun motor eléc­trico. Ante os sorprendidos ollos de Luna apareceu o edificio que permanecía oculto tras o muro de pedra. Tratábase dunha mansión de estilo colonial español, con paredes encaladas que refulxían baixo o sol do serán. Mentres percorrían o camiño de grixo que conducía á casa, atravesando un coidado xardín tropical, o asasino contemplou o inesperado luxo daquel lugar: a piscina de proporcións olímpicas, as pistas de tenis e, ao fondo, un pequeno campo de golf de nove buracos. Ninguén podería sospeitar que no medio da xungla máis espesa e salvaxe do planeta se poderia ocultar aquel paraíso de comodidade e civilización.
Tras entrar na casa e cruzar un amplo recibidor, introducironse nun enorme e elegante salón. En dúas das súas  paredes abrianse enormes vidreiras con vistas ao xardin e á piscina. O aire acondicionado mantiña a estancia a unha temperatura constante de vinte e un graos centigrados.
—Agarde aquí un momento, señor Luna —dixo Manuel—. lrei avi­sar a don Aurelio. Desexa tomar algo?
—Auga mineral, por favor.
 Luna tomou asento fronte a unha pequena mesa lacada, colleu unha das revistas que descansaban sobre ela e comezou a pasar as follas distraidamente. Aos poucos minutos entrou un indixena vestido con uniforme de camareiro e, en absoluto silencio, deixou encima da mesa unha botella de Perrier e un vaso con xeo.
 —Non quere beber algo mais forte, amigo? —dixo de improviso unha voz ás súas costas.
O asasino xirou a cabeza e obser­vou con curiosidade o home que acababa de falar. Tratá­base dun mozo de pouco mais de vinte anos, co negro pelo rizado e unha expresión arrogante no seu agraciado rostro. Dous gardas de atlética complexion permanecian detrás súa en actitude vixiante, coas mans moi próximas aos enor­mes pistolóns que levaban no cinto.
—Non, grazas —respondeu Luna, incorporándose—. Prefiro prescindir do alcol cando teño que falar de negocios.
O mozo fixo un xesto despectivo e dirixiuse ao moble bar. —Os machos de verdade aguantan a bebida.
—De verdade? —Luna sorriu con ironía—. Non debo ser o suficientemente macho, señor... Desculpe, pero creo que non me dixo aínda o seu nome.
—Chámome Tacho Coronado.
—Seguramente é vostede parente de don Aurelio...
—Son o seu fillo: o primoxénito —respondeu o mozo con arrogancia.
—Estupendo —o sorriso de Luna ampliouse—. É un pracer conecelo.
—Déixate de macanas —replicou Tacho, aproximándose—. Voute cachear.
—Xa o fixo Manuel.
—E que? Quero asegurarme. Algún inconveniente?
Sen agardar resposta,Tacho comezou a rexistrar a Luna, apal­pando con minuciosidade cada centimetro do seu corpo. Logo, tras asegurarse de que o asasino non levaba ningunha arma encima, dirixiuse a unha porta lateral e abriuna.
—Está limpo, papá —dixo—. Podes pasar.
Ao cabo duns segundos, unha figura cruzou o limiar e en­trou no salón. Era un home duns cincuenta anos, calvo, can espeso bigote negro que cubria o seu labio superior. A pesar da súa prominente barriga, que avultaba a camisa de liño branco, os seus movementos eran áxiles e enérxicos.
—Son Aurelio Coronado.  É vostede o señor Luna?
—Si. Encantado de conecelo, don Aurelio.
Don Aurelio ignorou a man que Ile tendia o asasino.
—Como podo ter a seguridade de que é vostede quen di ser? —preguntou.
—Perdón?...
—Verá, señor. Teño moitos inimigos. Se continúo vivo e gra­zas a que son unha persoa desconfiada. Como sei que é vos­tede o auténtico señor Luna e non un impostor? Ninguén sabe que aspecto ten o señor Luna. Non hai fotografías súas e tampouco están rexistradas as súas marcas dactilares. Su­poño que non terá inconveniente en demostrarme que vostede é o auténtico señor Luna.
O asasino sorriu dun xeito case imperceptible e contemplou o xardín a través da fiestra, pensativo. Despois, enrolou con lentitude a revista que ainda tiña nas mans ata formar un apertado tubo de papel, co que xogou distraidamente durante uns segundos.
—De acordo —dixo—. Afirma vostede, don Aurelio, que ten moitos inimigos. Ben: supoñamos que un deses inimigos me contratase para eliminalo...
—Pero que estás dicindo, chalado?! —exclamou Tacho,  sacando unha pistola do peto traseiro dos seus pantalóns.
—É só unha suposición —dixo Luna, facendo un xesto tran­quilizador coas mans—. Unicamente pretendo demostrar que efectivamente son quen digo ser.
—Deixa que fale, Tachiño —interveu Coronado, obser­vando con interese o asasino.
O mozo torceu o fociño e, de mala gana, gardou a arma.
—Grazas, don Aurelio —Luna sorriu amplamente—. Como dicía, imaxine que me contrataron para matalo. Vostede é un dos homes máis protexidos do planeta, e a min cacheá­ronme dúas veces antes de poder chegar á súa presenza.
—Non leva armas, papá —asegurou Tacho con suficien­cia—. Eu mesmo o comprobei.
—Polo tanto, aínda que quixese, non Ile podería facer nada, non é verdade, don Aurelio? —Luna suspirou profundamen­te—. Non obstante...
O asasino fixo unha pausa. De repente, levou o extremo da revista enrolada aos labios e soprou con forza. Algo, unha manchiña de cor, cruzou o aire e un diminuto dardo me­tálico cravouse nunha trabe de madeira situada a poucos centímetros da cabeza de Coronado.
—...non obstante —proseguiu Luna—, vostede xa estaría morto, don Aurelio.
César Mallorquí, O último traballo do señor Luna

COMPRENSIÓN

1. Identifica as voces da lectura que corresponden a estas definicións.
  • A. Cada unha das dúas pezas verticals que están situadas a ambos os lados do oco dunha porta ou ventá sostendo o lintel: .................
  • B. Ruído xordo producido por algo que zoal: .................
  • C. O fillo ou a filla que naceu primeirol: ................. 
  • D. Madeiro groso e, por extensión, estrutura doutro material que, coloca­do horizontalmente, sostén o piso ou o teito dun edificio: ................. 
2. No texto false unha detallada descrición do exterior da mansión de Aure­lio Coronado. Indica que elementos se mencionan nela e as técnicas des­critivas que os acompañan. Sigue o modelo. 
  • ELEMENTO DESCRITO: muro – TÉCNICA DESCRITIVA: de pedra 
  • ELEMENTO DESCRITO: mansión – TÉCNICA DESCRITIVA: .............
  • ELEMENTO DESCRITO: ............. – TÉCNICA DESCRITIVA: .............
— En parellas, revisade e corrixide as vosas respostas. 

3. Indica que personaxe da lectura realiza cada unha destas accións.
  • Ignorou a man que Ile tendía o asasino: .............
  • Sacou unha pistola do peto traseiro dos seus pantalóns: .............
  • Abriu o portón que Baba acceso a mansión: .............
  • Sentou e colleu unha das revistas da mesa: .............
  • Deixou sobre a mesa unha botella de auga e un vaso con xeo: .............

4. Responde de forma razoada estas cuestións.
  • Por que quedou impresionado o senor Luna ao ver aquela mansión? 
  • Que provocaba a desconfianza de don Aurelio Coronado? 
  • Como demostrou o senor Luna que el era o asasino que buscaban?


5. O texto pode estruturarse en introdución, nó e desenlace. Identifica cada unha destas partes sinalando a sua extensión e o seu contido,
— En grupos, contrastade as vosas respostas.

REFLEXIÓN

6. Crea un novo título que sintetice, de forma atraente, o contido da lectura.
— En grupos, contrastade as vosas propostas e elixide de común acordo a que máis vos guste.

CREACIÓN

7. En parellas, creade unha ilustración que re­presente o exterior da mansión menciona­da na lectura:
— Sede fieis a descricion que se fai no texto.
— Utilizade calquera técnica para crear a ilus­tración: rotuladores, colaxe, programas de deseño gráfico...
— Finalmente, expoñede no taboleiro da aula as vosas ilustracións.

martes, 28 de febrero de 2012

Bibliotecas, arterias vivas




Por Marta Paredes
Canto tempo hai que non acodes a unha biblioteca? A maioria das consultas que adoitamos facer nos arquivos fisicos poden responderse sinxelamente cunha busca na Wikipedia. Mesmo o sancta sanctorum das enciclopedias, a Enciclopedia Británica, está disponible online. Catálogos de publicacions, dicionarios de cine, revistas en formato PDF... Semella que todo está en Internet. Da­quela, por que ir a unha biblioteca?
Para empezar, para descubrir as novidades do seu fondo bibliográfico nada máis cruzar a porta. A maioria das bibliotecas públicas dispoñen dun expositor no que colocan as adquisicións mais recentes de obras de ficcion, ensaio, cómic, poesía, autores exóticos... De todo hai. Nalgúns casos mesmo atoparás guías de lectura mensuais, coma na Biblioteca da Deputación da Coruña. Son informes especializados, algúns de máis de 100 páxinas, sobre novela negra, literatura oriental, banda deseña­da... Todos inclúen referencias bibliograficas, contextualización dos autores e críticas dos libros mais destacados. Imposible saír de alí sen unha lista de recomendacións que che gustarla ler. E se non atopas eses manuais, dirixete aos técnicos. Os bibliotecarios coñecen o seu extenso catálogo e saberán recomendarche un autor ou unha obra segundo as túas preferencias e os libros máis prestados.
Quizais non nos deamos conta, pero as bibliotecas son moito máis ca un centro cultural: son organismos vivos, dinamizadores sociais e nal­gúns casos estan moi pendentes do seu público. Cada unha das sete bi­bliotecas que comporlen a rede municipal da Coruna organiza activida­des específicas en función das caracteristicas do barrio no que se lo­caliza e non todas xiran ao redor da lectura. Moitos cidadáns teñen o seu primeiro contacto cos ordenadores e con Internet nos cursos gratuítos que imparten.
«Cada barrio configura a biblioteca de forma diferente», re­sume Marta Alonso, coordinadora de actividades das bibliote­cas municipais da Coruña. Na situada no barrio da Sagrada Fa­milia, o 40% dos seus socios son inmigrantes, un dato que non pasou desapercibido para os técnicos que, desde hai catro anos, incluiron un curso de español para estranxeiros entre as acti­vidades que ofertan. A normalizacion sociocultural neste ba­rrio é un dos aspectos que coidan desde a biblioteca con «O xoves na Sagrada», programación semanal que inclue obra­doiros, charlas e, sobre todo, música en directo de grupos dou­tros países, na súa maioria senegaleses.
Estas bibliotecas, coa sin especializacion en contidos bibliograficos e de video, pero tamer' coas actividades que or­ganizan, converteronse progresivamente nun elemento in­tegrador dos vecinos. Son a arteria da capital herculina [www.coruna.es/bibliotecas].
A solicitude de recomendación dunha biblioteca en Vigo vía Twitter, @davidpozo contestoume en poucos minutos facen­do referencia á que esta situada na zona antiga, preto da praza da Constitución. É a Biblioteca Central de Vigo, forma par­te da rede de bibliotecas públicas da Xunta de Galicia e reali­za numerosas actividades permanentes das que informa puntualmente na súa páxina web [www.rbgalicia.org/vigo].
Non é de estrañar que sexa unha das bibliotecas de referen­cia na cidade olívica. Nas súas instalacións reúnense semanal­mente nove clubs de lectura, desenvolvense sesións infantís de animación e a biblioteca dos pequenos, ademais de celebrar exposicions e outras actividades. A súa directora, Rosa Maria Diaz Naya, mostrase orgullosa do bo funcionamento dos gru­pos de lectura. Tanto é así, que manteñen abertos tres clubs de castelan-galego ante a desbordante demanda do público.
Cada grupo confórmase con vinte persoas como máximo baixo a dirección dun coordinador. «Un dos grupos de caste­lan-galego reúne persoas, algunhas maiores de oitenta anos, que nunca estudaron nin leron en galego —a miúdo nin se­quera o falan— e que ven neste club a oportunidade de coñe­cer autores vigueses e mesmo de manter un encontro en vivo con algúns deles».
Hai seis clubs de idiomas estranxeiros que están coordina­dos por monitores nativos de cada lingua. Neles propóñense lecturas no idioma en que foron escritas e coméntanse nesa lingua tamén. Ademais de alumnos da Escola de Idiomas, aco­den estranxeiros, fillos de inmigrantes galegos...
Cada mes lese un libro a proposta do coordinador, o cal in­troduce o título, o autor, contextualiza a obra e ofrece unhas pautas de lectura para comentar. En febreiro estanse lendo, entre outros, Casa skylab, de Santiago Jaureguizar; 84, Charing Cross Road, de Helene Hanff e Botchan, de Soseki Natsume.
Nas sesións semanais, os membros do club comentan os capítulos propostos, os aspectos literarios que máis Iles chamaron a atención, pero tamén todo aquilo que Iles evoque a historia, dandolles pé para falaren das súas propias experiencias persoais.
«É unha iniciativa moi enriquecedora porque se dan a coñecer obras que, doutro xeito, non seleccionariamos persoalmente, mais arrou­pados por un grupo si nos animamos a ler a auto­res africanos, por exemplo, ou de especial dificulta­de», explica Rosa Díaz.
Os clubs de lectura presenciais son unha actividade moi estendida nas bibliotecas públicas galegas. A Biblioteca Ánxel Casal de Santiago abriu as súas portas en 2008 e desde entón mantén sete grupos, sendo o de inglés o máis activo. «Tivemos que promover dous cuadrimestres debido ao número de inscritos», comentan des­de esta biblioteca que dispón dun club dedicado á banda deseñada. Este grupo reúnese na «comicteca» e está formado por mozos de 16 a 30 anos, aínda que tamén hai persoas de máis idade que se achegan a descubrir a novela gráfica por pri­meira vez.«Os clubs de lectura arrasan. Tanto é así que na Bi­blioteca do Fórum Metropolitano hai dous: un de mañá e outro de tarde», explica orgullosa Marta Alonso.
Para pescudar se hai un club de lectura no teu lugar de residencia, entra na web da rede de bibliotecas de Galicia e elixe a que estea máis preto de ti. Na listaxe de actividades descu­brirás algunha que poida ser interesante para ti [http://rbgalicia.xunta.es] e tamén podes consultar o directorio de clubs que ofrece Clubdelectura [www.clubdelectura.es].
Se os teus horarios non se adaptan aos dos grupos presenciais ou quedaches fóra da convocatoria, proba cos clubs de lec­tura virtuais. Os seus integrantes debaten ao redor dunha entrada nun blog, tras seren dados de alta polo seu coordi­nador.
Imposible dar cabida nestas páxinas a todas as actividades que organizan as nosas bibliotecas, tanto públicas como de entidades privadas. A próxima vez que pases por diante dun destes edificios do saber, animate a atravesar a porta. Seguro que descobres algo para ti.
Revista R, n.o 123 (febreiro do 2011)

COMPRENSIÓN

1. Indica que sinónimo empregarías para substituír estas palabras da lectura. 
  • exótico: estraño / estranxeiro 
  • extenso: amplo / espacioso 
  • desbordante: excesiva / abundante 
  • arroupado: protexido / abrigado 
  • pescudar: explorar / indagar
    2.Explica o significado que teñen no texto estas palabras e enunciados subliñados. 

    • «Mesmo o sancta sanctorum das enciclopedias»
    • «bibliotecas de referencia»
    • «monitores nativos de cada lingua»
    • «dándolles pé para falaren»
    3. A autora do texto dalle cohesion referIndose a biblioteca, en diversas ocasions, con outros enunciados equivalentes. Localiza estes termos. 
    • A biblioteca: ......................
    — En parellas, revisade as vosas respostas. 

    4. Tendo en conta a información da lectura, crea un mapa conceptual in­dicando cidades, bibliotecas e recursos e actividades que se desenvolven nelas. 


    5. O texto ten certo matiz instrutivo xa que apela directamente ao lector/a e lle dá consellos sobre como tirar proveito das bibliotecas. Localiza fragmentos da lec­tura que exemplifiquen isto. 


    REFLEXIÓN 

    6. A lectura comeza presentando unha pregunta inicial no primeiro paragrafo: «Por que it a unha biblioteca?». A autora dedica o resto do texto a dar cumprida resposta a esta cuestion. 

    — Tendo en conta a informacion da lectura, redacta un texto no que defendas razoadamente o uso das bibliotecas. 

    — En grupos, lede en voz alta algúns dos vosos textos.

    CREACIÓN

    7En grupos, investigade se hai algún club de lectura na biblioteca do voso centro escolar. Se non o hai, coa axuda de profesores e biblio­tecarios, organizade vós un.